mércores 23/09/20

Fernández Paz e Miguelanxo Prado, candidatos ao Premio Astrid Lindgren

Dous dos mellores representantes da factoría cultural galega figuran entre os candidatos ao Premio Astrid Lindgren de literatura infantil e xuvenil. 

Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz

Hai 215 candidatos de 59 países, segundo anunciou onte o Goberno sueco na Feira do Libro de Frankfurt. Entre os que optan ao premio tamén se encontran a autora portuguesa Maria Teresa Maia, a ilustradora vasca Elena Odriozola ou o escritor catalán Jordi Sierra i Fabra. 

O Premio Astrid Lindgren Memorial está organizado polo Goberno sueco para recoñecer a traxectoria de Astrid Lindgren, creadora de Pippi Langstrump. Outórgase anualmente un autor/a de literatura infantil e xuvenil, un ilustrador/a ou un promotor da lectura en calquera país. É un dos principais premios a nivel mundial da literatura para nenos/as e mozos/as. 

Tanto Fernández Paz como Miguelanxo Prado teñen un extenso historial de premios no seu haber, tanto nacionais como internacionais, como cadanseu Premio Nacional, o White Raven para o chairego ou o Eisner para o coruñés. 
 

comentarios