Unha feminista no balneario de Mondariz, protagonista da gañadora do Vicente Risco

“As escaleiras do gran hotel” do escritor Rubén Martínez Alonso fíxose coa XIV edición do Premio Risco de Creación Literaria. O autor, historiador que ten investigado as sociedades recreativas, ambienta a súa novela no Balneario de Mondariz. 

Rubén Martínez
photo_camera Rubén Martínez

Intrigas políticas e ideolóxicas desenvólvense no balneario de Mondariz na trama coa que Rubén Martínez Alonso teceu a novela “As escaleiras do gran hotel”, que vén de resultar gañadora da XIV edición do Premio Risco de Creación Literaria por decisión dun xurado formado por María Garrido, Xoán Carlos Feixóo, Serafín Alonso Pintos, Ánxela Gracián e o escritor Alberto Ramos, gañador da edición anterior. 

Nese ambiente, tan próximo ao das sociedades recreativas que o autor ten estudado, Rubén Martínez Alonso constrúe unha novela que ten como protagonista unha feminista que se revolve contra o modelo tradicional de familia e loita pola súa independencia persoal, económica e intelectual. “Ás  veces penso nas vidas que terei vivido xa, en como tento eternamente volver a ese ano cero, a 1980, co propósito de emendar os meus erros. Si, sempre, eternamente, condenado a unha infelicidade perpetua, a unha irrealización permanente”, anotou na publicación daquel primeiro libro. 

O autor publicou o pasado ano tamén en Toxosoutos a obra narrativa "A saudade do caracol" e en Alvarellos un estudo sobre a historia do Casino de Vigo. 

Comentarios