Feminismos e humor sobre as táboas nunha dramaturxia de Esther F. Carrodeguas

A primeira representación da obra Feminíssimas ten lugar mañá no Auditorio Municipal de Vigo, con billetes esgotados.
elas
photo_camera Noelia Branco, Esther F. Carrodeguas e Stephy Llaryora.

A obra Feminíssimas inicia mañá en Vigo, con billetes esgotados, a súa xira, que a levará o sábado ao Teatro Rosalía da Coruña.

Con todo, o 19 de novembro volverá a Vigo, na sala Ártika, e logo pasará por Gondomar, Narón, Sada ou Boiro.

Dirixida por Xavier Castiñeira, conta con Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Esther F. Carrodeguas como intérpretes dun espectáculo de De Ste Xeito Producións, con dramaturxia da propia Carrodeguas.

Preséntase como unha "comedia violeta" que conta a situación de tres amigas da adolescencia que non se ven desde hai anos até que coinciden nun congreso feminista.

Tres maneiras de entender o feminismo entran daquela en colisión sobre as táboas, nunha peza de irradia humor, ironía e complicidade para pór a amizade a proba mentres se analiza -desde a comedia- a convivencia das mulleres no mundo actual.

Comentarios