Feixoo: “Castelao non é dos nacionalistas”

O presidente mantén o seu discurso desta cuarta feira, no que na recepción da 'Derradeira leición do mestre',  obviou calquera referencia á represión fascista e Alexandre Bóveda. Fronte a isto, unha iniciativa impulsada polo debuxante Kiko da Silva chama a reivindicar esta sexta feira en Pontevedra "o verdadeiro significado" do  óleo debuxado por Castelao.

feixoo castelao derradeira
photo_camera Imaxe: Xunta

Nin un paso atrás. Feixoo nin se arrepinte nin rectifica o seus discurso desta cuarta feira na que na recepción da 'Derradeira leición do mestre'  obviou calquera referencia á represión fascista e Alexandre Bóveda. O óleo emblema da resistencia galega contra a barbarie fascista está en Galiza é, para o presidente da Xunta, un cadro e ponto. Como podía representar un bodegón ou unha paisaxe.

castelao Fundación Terra e Tempo

Esta quinta feira, e após o Consello da Xunta, Feixoo mantívose na mesma liña. “Castelao é de todos, non é propiedade dos nacionalistas”, dixo. Nese ‘todos’ o presidente semellaba querer abranguer tamén todo aquilo que era (é) antagónico do rianxeiro: desde os que ‘desculpan’ o franquismo até os que impoñen a España unitaria. O presidente mesmo apuntou a que o nacionalismo ‘avanzara’ na forma das súas críticas, referíndose ás manifestacións e enfrontamentos de xuño de 1984, na traída dos restos de Castelao a Galiza.

Verdadeiro significado

Nestas últimas horas abundaron as críticas e reproches a Feixoo polo seu discurso na recepción do óleo de Castelao. Críticas que chegan non só desde formacións políticos senón tamén de agrupacións culturais, plataformas sociais e colectivos de memoria histórica. O debuxante Kiko da Silva anunciou que esta sexta feira vai estar no Museo de Pontevedra​ “pintando en directo unha versión de ‘A derradeira leición do mestre’ de Castelao, para reivindicar o verdadeiro significado da obra e facer honra ao representado nela: Alexandre Bóveda.

O goberno da Deputación de Pontevedra súmase á a esta promovida polo ilustrador KikoDasilva. A presidenta Carmela Silva e o deputado de Cultura Xosé Leal,ademais doutros representantes provinciais, asistirán ao acto que terá lugar mañá ás 12.30 horas na sala Castelao do Museo de Pontevedra como protesta pola manipulación e censura realizada sobre o cadro por parte do presidente da Xunta Núñez Feixoo.

Imaxe interior: Día da Patria de 1984. Manifestación do BNG baixo o lema 'Castelao, sen manipulación'. Fundación Terra e Tempo

Comentarios