Feira do Libro da Coruña arranca o sábado seis días de actividades e propostas

A escritora Érica Esmorís será encargada este ano do acto de inauguración.

Feira do Libro da Coruña
photo_camera Feira do Libro da Coruña (FLC)

Este sábado principia a Festa do Libro da Coruña, un punto de encontro que durante seis días e até a quinta feira (6 de agosto) encherá os xardíns Méndez Núñez de diversas actividades e propostas coa lectura e libro como protagonistas.

A primeira xornada é unha bos mostra diso, coa presenza de numerosos escritores, como Manuel Rivas, Amador castro, Arancha Nogueira ou Irene Tomé e Xabier Ron, entre outros.

A inauguración será ás 12:00 horas e contará coa presenza de Pilar Rodríguez Álvarez (presidenta da Federación de Libreiros de Galiza), .Xurxo Couto Rodríguez (deputado de Cultura da Deputación da Coruña),  Anxo Lorenzo Suárez (director Xeral de Políticas Culturais)m e  Eva Martínez Acón (concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo)

O domingo, desde as 12:00 horas e até as 21:00 horas volverán a estar nas librarías participantes na Feira (unha vintena) un bo número de escritoras e escritores. Aser Álvarez, Vicente Araguas, Natalia Carou, Antía Yáñez, María Canosa... Estarán asinando exemplares das súas obras e as persoas que se acheguen poderán conversar con eles.

E así até a quinta feira. “Non contaxian pero enganchan” é o lema que neste ano elixiron desde a Federación de Librarías de Galiza, unha chiscadela ao tempo de pandemia e restricións.

Aquí podes acceder a todas as propostas nesta Feira

Comentarios