Fanse públicos os finalistas da 15º 'I+P Ideas para Producir'

A Clúster do Audiovisual Galego escolle de entre máis dun cento de propostas os 18 proxectos que entrarán na iniciativa. Os vindeiros 30 de novembro e 1 de decembro presentaranse diante de profesionais para buscar colaboracións económicas e difusión.
Fotograma da longametraxe In the pines, de Carlos Almón (Carlos Almón).
photo_camera Fotograma da longametraxe In the pines, de Carlos Almón (Carlos Almón).

O Clúster Audiovisual Galego fixo públicos os 18 proxectos que participarán na 15ª edición do pitching "I+P Ideas para Producir", que terá lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro en Pontevedra.

Os proxectos finalistas escolléronse entre un cento propostas recibidas que foron analizados polo Comité de Selección que, nesta edición, estivo composto por Alberto Domínguez, produtor executivo; Nico Campos, guionista e director, e Andrés Goteira, guionista, director e produtor executivo. 

Os traballos seleccionados están en distintas fases de desenvolvemento e presentaranse ante un auditorio de responsábeis de contidos de canles de televisión, plataformas de pago, produtoras e distribuidoras. 

Proxectos finalistas

Os 18 proxectos seleccionados son: El Ocelote (serie de ficción de CTV), El Vestuario (serie de ficción de Zenit Televisión), Mi Ilustrísimo amigo: cartas de amor entre Galdós y Pardo Bazán (longametraxe de ficción de Agallas Films), El efecto flare (miniserie de ficción de Adivina Producciones), Jacinto (longametraxe de ficción de Vizuals Lab), El susurro de Dios (serie de ficción de Filmakers Monkeys), Marzich Caparrós (longametraxe documental de Tarkemoto), Nos tenemos que ver (longametraxe de ficción de Parrocha Studio), Más de 100 (programa actual de Área 5.1 Factoría Audiovisual), Ogham (serie de ficción de Ozo Perozo), In the pines (longametraxe de ficción de Carlos Almón), Marilyn (longametraxe de ficción de Producciones Vigo–EISV CE Marcote), Instituto Franco (serie de ficción de Juanjo Durán), La Delegación (serie de ficción de Ignacio Campón), Los hijos de nadie (longametraxe de ficción de Enrique Rambal), Tres canciones (longametraxe de ficción de Jana Llopart), Iceberg (serie documental de Alhena Production) e Rayuela (serie de ficción de Lucas Villa).

Catálogo de Filmarket Hub

Alén diso, as longametraxes e series en desenvolvemento seleccionadas nesta iniciativa incluiranse por tempo ilimitado no exclusivo catálogo de Filmarket Hub, o mercado en liña que opera no continente europeo e en Latinoamérica. 

Os proxectos contarán con maior visibilidade e difusión, aumentando as posibilidades de atopar posíbeis coproductores ou compradores.

Comentarios