Recuperou a innovación e a vangarda

Falece o pintor e escultor Luís Caruncho

Luís Caruncho, pintor e escultor galego nado na Coruña en 1929, faleceu esta sexta feira en Madrid aos 87 anos de idade.

39.bLuisCaruncho
photo_camera [Imaxe: Recorte dunha fotografía tomada por Xurxo Lobato para a Real Academia de Belas Artes] Luis Caruncho

Representante da abstracción construtivista, Luis Caruncho é considerado un dos máis ilustres artistas galegos. Recuperador da innovación e da vangarda, o pintor e escultor fora recoñecido coa Medalla Castelao polo seu labor de proxección internacional e por ser un referente da arte galega contemporánea.

O autor dunha pintura abstracta que conxuga xeometría e sentido lúdico foi membro de honra da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e, entre os seus recoñecementos, alén da citada medalla Castelao, recibiu o Premio Nacional de Cultura e mais a Medalla de Artes Plásticas de Madrid.

Como lembra a Xunta de Galiza nun comunicado, este verán, a obra de Luís Caruncho foi protagonista dunha mostra colectiva na Casa da Parra. Unha década antes, en 2004, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollera unha exposición antolóxica do artista coruñés. A súa obra tamén está representada en na colección de Afundación, a do Palacio de la Zarzuela (Madrid), a do Centro de Arte Reina Sofía (Madrid); a do Museo da Fundación Pilar e Joan Miró (Palma de Mallorca) ou a do CGAC en Compostela.

Comentarios