Faleceu Méndez Doménech, creador da revista Vagalume

Aos 76 anos de idade
vagalume

Aos 76 anos de idade falecía esta semana Xosé María Méndez Doménech (Santiago, 1944). creador da primeira publicación periódica en galego, a revista quincenal infantil e xuvenil 'Vagalume'. Un pasamento do que informaba Cultura Galega

"Méndez Domenech partía dun activismo político antifranquista polo que no ano 68 formaba parte da Alianza Democrática de Estudiantes, o que o levou a ser metido en cadea e expulsado do recinto académico pola Universidade de Santiago. A súa militancia galeguista expresouse despois a través da creación e dirección da revista 'Vagalume', na que se publicaron entre 1975 e 1978 algúns dos primeiros materiais didácticos para o ensino en galego e mesmo banda deseñada".

Ademais diso, Xosé María Méndez Doménech tamén foi actor de dobraxe e formou parte da directiva do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom) onde levou a cabo unha constante labor de investigación.

Comentarios