Falece o escritor e historiador José Antonio Durán aos 79 anos

Durán foi autor de numerosas obras sobre destacados persoeiros galegos e un dos primeiros investigadores sobre o movemento agrario na Galiza.
José Antonio Durán
photo_camera José Antonio Durán

José Antonio Durán Iglesias, nado no concello de  Requejo de Sanabria (Zamora) en 1941 e criado desde ben pequeno en Pontevedra, faleceu este sábado aos 79 anos de idade, deixando atrás numerosas obras sobre figuras como Daniel R.Castelao, Manuel Murguía, Juana de Vega ou Casares Quiroga.

Prolífico historiador, ou "contador silvestre nada asilvestrado de historias históricas", como el mesmo se chegara a definir, foi un dos primeiros investigadores sobre o movemento agrario na Galiza de comezos do século pasado. 

Durán deixa tras de si un enorme legado, con publicacións históricas e investigacións que se teñen publicado en multitude de diarios, revistas e editoriais, labor que compaxinaba coa de conferenciante e comisario de exposicións itinerantes, aínda que tamén será lembrado por ser un dos máis célebres analistas dos movementos sociais contemporáneos. 

Comentarios