mércores 08/12/21

Pesar no mundo da cultura polo falecemento de Darío Xohán Cabana. O escritor nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952 morreu após un tempo delicado de saúde, segundo informou a Fundación Rosalía.. 

A obra do escritor Darío Xohán Cabana ten merecido numerosos recoñecementos, máis dunha ducia de premios entre os que se atopan o de Poesía Cidade de Ourense, o Xerais de novela, o Barco de Vapor, o Cidade de Lugo ou o Martín Códax. Autor de títulos como Galván en Saor, O cervo na Torre ou Morte de rei, o escritor desenvolveu unha sólida traxectoria en poesía e narrativa mais tamén en tradución, faceta que agora recoñece a Asociación de Tradutores Galegos ao facelo protagonista da súa homenaxe anual. 

Como tradutor, da man de Darío Xohán Cabana chegaron á nosa lingua a Divina Comedia de Dante, o Cancioneiro de Petrarca, a Vida nova de Dante, a Antoloxía do Dolce Estilo Novo, Os trobadores da Occitania ou Os Tres Mosqueteiros de Alexandre Dumas. Polo Cancioneiro de Petrarca recibiu xa o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor obra traducida en 2012. 

Cursou o Bacharelato en Lugo, e entre 1970 e 1975 traballou en Vigo con Xosé María Álvarez Blázquez en Edicións Castrelos. De volta en Lugo traballou como vendedor de libros a domicilio, e entre 1978 e 1982 estivo como liberado pola Intersindical Nacional Galega. Entre 1983 e 1987 traballou en Corcubión como garda municipal, e nese ano regresou a Lugo como funcionario do concello.

Desde o 22 de abril de 2006 foi académico da Real Academia Galega. O seu discurso de ingreso De Manuel María a Ferrín: a grande xeración, foi respondido por Xosé Luís Méndez Ferrín.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

En 1970 publicou o seu primeiro libro de poemas e no ano 2003, a súa poesía enteira foi publicada nun só volume por Edicións Xerais, baixo o título de Vinte Cadernos.

Pesar polo falecemento de Darío Xohán Cabana
comentarios