Falece o centenario cineasta portugués Manoel de Oliveira

Vaise un dos referentes da gran pantalla, o realizador máis lonxevo do mundo e o último director europeo que comezara no cine mudo.

Manoel de Oliveira (Foto: Wikipedia)
photo_camera Manoel de Oliveira (Foto: Wikipedia)


Xornada de loito para o cinema europeo. O director portugués Manoel de Oliveira morreu esta quinta feira aos 106 anos de idade, segundo confirmou a súa familia a medios lusos. Vaise un dos referentes da gran pantalla, o realizador máis lonxevo do mundo e o último director que comezara no cine mudo.

Deixa para a historia 33 filmes e algunhas curtas que realizou durante 90 anos de carreira. Títulos como ‘Aniki-Bobó’ (1948), "Benilde ou a Virgem Mãe" (1974), "Non, ou Vã Glória de Mandar" (1990), "Vale Abraão" (1993) ou "O Estranho Caso de Angélica" (2010) son algunhas das películas máis aclamadas da súa filmografía. 

Nado en Porto en 1908, pasou parte da súa xuventude na Galiza, estudando no colexio de xesuítas na Guarda. 

Malia arrastrar unha enfermidade e a súa avanzada idade, non deixou de dirixir até o final dos seus días. O último traballo foi estreado o pasado decembro, a curta ‘O velho do Restelo’, que cualificou el mesmo como “unha reflexión sobre a Humanidade”.

Nado en Porto en 1908, pasou parte da súa xuventude na Galiza, estudando no colexio de xesuítas na Guarda. Mais con 20 anos entrou a estudar cinema na súa cidade natal até converterse nun dos cineastas máis influentes do continente.  

Se paro de filmar, aburro e morro. Teño en mente moitos proxectos. Agora ben, non sei se a vida chegara para facelos todos”, chanceaba anos atrás, preguntado polo fin da súa carreira. 


 

Comentarios