Nado en 1930 na cidade escocesa de Edimburgo, Connery levaba máis de tres lustros afastado do cinema.
Xunto co papel que lle deu a fama en 1962, e que interpretou en sete ocasións até 1983, Connery deixa unha filmografía de máis de 60 filmes con papeis memorábeis en títulos como Asasinato no Orient Express, Os intocábeis de Eliot Ness, A caza de Outubro Vermello, Indiana Jones e a última cruzada ou A rocha, nunha carreira na que acadou, entre outros, un Óscar, dous Bafta e tres Globos de Ouro.
En 2003 retirouse, tras protagonizar A liga dos homes extraordinarios.
Distinguido co título de Sir e nomeado cabaleiro pola raíña Isabel II de Inglaterra no ano 2000, o actor sempre amosou o seu ao Partido Nacionalista Escocés (SNP), do que era militante.
En 2008, Connery presentou a súa autobiografía,na que profunda no defensa do dereito á independencia do seu país.
"A nosa nación hoxe está de loito tras coñecer o falecemento dun dos seus fillos máis queridos", sinalou este sábado a primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon.