Na dársena da Coruña

Morre aos 35 anos o actor galego Mateo González

Mateo González, actor eumés que participou na serie Serramoura e na película do galego Daniel de la Torre El desconocido. O seu cadáver apareceu na dársena da Mariña, na Coruña, a onde se dirixira após a gala dos premios de teatro.María Casares

12188976_10206865008116560_3470664300230476343_n
photo_camera [Imaxe: Facebook] Mateo González

O actor Mateo González, natural de Pontedeume, faleceu aos 35 anos no porto da Coruña. As forzas de seguridade recuperaron o cadáver da zona marítima a sexta feira, após a denuncia da súa desaparición. As alarmas saltaron cando o actor non se presentou á gravación da quinta feira.

Participou en series como Fontealba e Serramoura, ademais de na española Amar en tiempos revueltos, así como na longametraxe El deconocido, do galego Daniel de la Torre. Tamén foi actor en montaxes teatrais como Love Room, La Cita ou Piel de salitre.

Mateo González participara na gala de entrega dos premios María Casares no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e estivera presente na festa convocada posteriormente no Náutico, xunto ás instalacións do Palexco.

Trátase do segundo corpo que aparece nesta zona da Coruña no mesmo mes. O Concello da Coruña e a Autoridade Portuaria anunciaron que estudarán conxuntamente actuacións de seguridade na zona, aínda que se descoñecen as causas exactas da morte e o Goberno coruñés chama á prudencia.

A Asociación de Actores e Actrices de Galiza emitiu un comunicado en que lamenta o falecemento de Mateo González.

Comentarios