'Fainos saír', o primeiro traballo de Atrás Tigre

A banda compostelá Atrás Tigre presentará o seu primeiro traballo en Santiago de Compostela, data aínda por confirmar. Co nome de “Fainos saír”, o álbum componse de dez temas entre os que atopamos tamén algunha adaptación de poemas galegos.

atrástigre
photo_camera Atrás Tigre

O cuarteto, que conta nas súas filas con tres xornalistas e outros tantos poetas, publica este seu primeiro álbum despois dun ano no que xiraron por salas de todo o país e se convertiran nunha das promesas do indie pop galaico.  

A banda, de orixe compostelá, está formada por Antón Blanco, Olalla Cociña, Xiana Arias e Pedro Solla, aínda que na gravación deste disco contaron tamén con Ibán Pérez (trompeta) e José Ramón Rocha (cello). O novo álbum xa está dispoñible no Bandcamp do grupo e noutras plataformas dixitais dende o 20 de maio, ofértase tamén en vinilo de 12”. 

O pasado 5 de maio lanzaban ademai, o videoclip do sinxelo que dá nome ao novo traballo. O vídeo, gravado cunha Super 8, foi realizado en diferentes lugares de Viveiro e Xove. 

Comentarios