Nun espectáculo que comezará ás 20.30 horas e que se titula Por unha peseta, “voz narrada e voz cantada achéganse por menos de nada para encontrar canto vale unha peseta”. Desde a casa museo indican que se trata de “historias de vida recollidas na contorna e no universal que achegan ao humor, á sensibilidade e á tenrura”.
Por unha peseta viaxa ao “tempo dos devanceiros” e, porén, engade a organización da presentación, faino “desde un punto de vista actual que respecta os seus saberes, tradicións e historias”. Dura unha hora e a entrada, que se pode reservar en [email protected], custa cinco euros.