Ferrol e Pontevedra acollen os recitais

A fadista Ana Moura visita Galiza o vindeiro marzo

O vindeiro 11 de marzo a fadista Ana Moura actuará en Pontevedra. Será ás 20:00 horas no Pazo da Cultura. A artista, que ofrecerá tamén un concerto o día 10 en Ferrol, fai parada nas cidades galegas dentro da xira mundial do seu disco Moura.

ana moura fadista
photo_camera A fadista Ana Moura. Foto: cedida.

Este é o sexto traballo da portuguesa, que xa atinxiu o disco de ouro. Nel participan grandes nomes da música portuguesa como Samuel Úria, Jorge Cruz, Edu Mundo, Sara Tavares ou Carlos Tê, quen asina un tema enteiro do disco.

Considerada como unha das cantantes de fado máis internacionais, é autora de Desfado (2012), o disco máis vendido en Portugal dos últimos anos e co que acumula até cinco discos de platino. No seu palmarés destacan dous Globos de Ouro, dous premios Amália e colaboracións con artistas como Prince, Rolling Stones, Caetano Veloso, Gilberto Gil ou Herbie Hancock.

As entrada aos concertos custan entre 15 e 20 euros.

Comentarios