O Facho conmemora medio século de cultura de base

A primeira xuntanza de sócios celebrouse un 23 de decembro de 1963. Un ano despois desenvolverían os seus Estatutos. A Agrupación Cultural O Facho conmemora hoxe medio século de cultura de base na Coruña. 

Día das Letrs
photo_camera Día das Letrs

Foi na cafetería Linar da Coruña onde se rexistrou a primeira xuntanza de socios do Facho. Era o 23 de decembro de 1963. No mes de xaneiro do seguinte ano comezarían a desenvolverse os Estatutos dunha asociación que cumpre agora o seu 50 aniversario. 

Para conmemorar o medio século de activismo cultural, a  Agrupaçom Cultural O Facho  organiza unha conferencia do investigdor Ricardo Gurriarán sobre as agrupacións culturais máis un xantar de irmandade esta sexta 24 de xaneiro, o relatorio no salón de actos da ONCE ás 19.30 e o xantar no Hotel Riazor ás 21 horas. 

Presidida por José Luis Rodríguez Pardo, o Facho continúa a súa actividade medio século despois do seu nacemento con espazos para o debate e o activismo e a dinamización coa lingua e a cultura. Entre as súas actividades máis recentes atópase o ciclo de conferencias arredor da República Galega coa participación de Xavier Vence, Xoán Antón Pérez Lema ou Mauricio Castro ou os premios literarios que convocan canda ano,  un de teatro infantil e outro de contos para nenos e nenas escritos tamén por nenos e nenas.

Comentarios