Que facer esta fin de semana?

Para quen estexa de vacacións e mesmo para quen non, aquí unha escolma de actividades para esta fin de semana. 

CARBALLO

Concerto de De Vacas (5 de agosto) ás 22:30 horas no marco da súa xira Tour Bacanal. Praza do Concello. 

PARDIÑAS

A Festa de Música e Arte de Pardiñas comeza esta sexta feira e até o domingo.

ZAS

Festa da Carballeira. XXXIII edición desta romaría popular tornada tamén en festival de música Folk. A partir das 21:00h do 5 de agosto e durante todo o sábado. 

A CORUÑA

Continúan as festas da cidade herculina que deron comezo esta semana. Concertos e moitas actividades, entre outras a regata de grandes veleiros The Tall Ships Races que comezará o 11 de agosto. O programa pódese consultar integramente na páxina do concello

PONTEVEDRA

VII Edición do festival de espectáculos na rúa iTineranta

VIGO

Tamén en festas podes consultar o programa de actividades que terán lugar ao longo da semana grande da cidade olívica na web do consistorio

MELÓN

Se alguén se atreve a ir até os arredores de Ourense esta fin de semana onde se prevén superar os 35ºC recomendámoslle que visite as Pozas de Melón, auga fresquiña e un espazo natural privilexiado para gozar da fin de semana. Se andas por outro lugar do país recomendámosche ler a reportaxe Á praia... do río! no número 207 do semanario. O interior tamén ten auga!

Comentarios