Que facer?

A experiencia do blues toma Fisterra

rockin
photo_camera Rockin’ Johnny Burgin estará esta fin de semana en Fisterra

San Sadurniño

Sexta feira

Diversos espazos 18.30h

Venres en Sansa!

Volven a San Sadurniño os “Venres en Sansa!” para ofrecerlle á mocidade de entre 12 e 35 anos formas alternativas de lecer, con seráns e noites nos que se concentran numerosas actividades relacionadas co exercicio físico, a tecnoloxía, as artes, o coñecemento e a cultura. Para a sexta feira 28 de xuño teñen paintball, mural da diversidade, parkour e obradoiro de DJ. 

A Baña

Sexta feira

Agra de Chans 17.00h

Festa do Apego

A 2ª Festa do Apego traerá o pallaso Peter e o seu circo, obradoiros e espectáculo teatral, con “Puño puñete” de Baobab Teatro.

Fisterra

Sexta feira, sábado e domingo

Diversos espazos

Fisterra Blues

A Costa da Morte tórnase epicentro do blues co festival Fisterra Blues Experience, do 28 ao 30 de xuño. Un evento que xunta artistas internacionais como Rockin’ Johnny Burgin (Chicago) ou Morgane Ji (Reunión); da escena estatal como Los Deltonos, Tonky BluesBand ou Quique Gomez&Curro Serrano; e grandes do blues galego como Marcos Coll Band, The Soul Jacket, Andhrea&the Black Cats, Willie&Winnie, Zeltia e Víctor Aneiros. Ademais suman actividades como slams poéticas, concertos en barco, obradoiros, contacontos ou un roteiro sonoro con Xurxo Souto. 

A Coruña

Sábado

Xardín posterior ao Centro Ágora

11.30h

A Escritora na súa Terra: Pilar Pallarés

A Escritora na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), homenaxea a poeta Pilar Pallarés (Culleredo, 1957), unha distinción que recoñece a entidade literaria de insignes figuras das letras galegas. Cunha celebración múltiple e popular, no acto participarán a propia homenaxeada, que estará arroupada por Cesáreo Sánchez Iglesias, Mercedes Queixas Zas e Eva Veiga, entre outras. 

Compostela

Sábado

ContraMINAcción 11.00h

A Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza organiza o Seminario Técnico “Impacto ambiental das drenaxes ácidas de mina e depósitos de residuos mineiros”, por Steven H. Emerman. 

Padrón 

Sábado

Oficina de Turismo 10.00h 

Roteiro de Rosalía de Castro

Ruta de tres quilómetros por lugares transcendentais na vida de Rosalía: paseo do Espolón, casa na rúa do Sol, cemiterio de Adina, casa grande Arretén e casa-museo de Rosalía.

Noia

Sábado

Coliseo Noela 20.00h

ilmaquinario Teatro

Teatro a cargo de ilmaquinario Teatro coa súa obra “Perplexo”, unha delirante comedia sobre a dificultade de atoparnos a nós mesmos dentro desta sociedade tan vertixinosa.

Arteixo

Domingo

Praia de Sabón 11.00h

Roteiro poético

Roteiro poético literario polo paseo marítimo da costa de Arteixo a cargo do escritor Xabier Maceiras, co gallo do 30 aniversario de Bibliotecas en Arteixo.

Carballo

Até 31 de xullo

Pazo da Cultura

Recicl-Arte

Recicl-Arte é unha exposición colectiva que reúne a obra de creadoras vinculadas a Carballo, un total de dezaseis artistas, con traxectorias e modalidades diversas.

Comentarios