'Eu vin o mar chorar', videoclip de Pauliña con Valtònyc

“É unha contraposición entre os exilios do 36 e o acontecido no último ano”. Así presenta Pauliña a súa nova canción Eu vin o mar chorar, videclip incluído, en que colabora o rapeiro mallorquín Valtònyc, exiliado en Bélxica.
 

“Semella [que o sucedido hai 82 anos] non se afasta tanto dos tempos que corren”, explicou a cantante de Cambados esta quinta feira nas súas redes sociais ao publicar o vídeo, nun comunicado en que lembaraba, ademais, “as familias dun mar tinxido de negro”.

Eu vin o mar chorar o mar fai parte dun EP que inclúe tamén Decidiu non ser de ninguén, en que aborda a xustiza patriarcal co exemplo da sentenza sobre a Manada.

Pauliña é autora do disco De-xeneración, do que estes dous temas son extensión.

Comentarios