“Eu non quero hotel no castelo”, berro para a manifestación do sábado en Verín

“Eu non quero hotel no castelo!!!” é o lema co que a Plataforma en defensa do castelo de Monterrei, convoca a manifestación para o sábado día 19 con saída ás 19.30 da praza do Concello de Verín. 

Monterrei
photo_camera Monterrei

Para mostrar a oposición da comarca aos plans da Xunta de converter o Castelo de Monterrei en dependencias hoteleiras dependentes de Paradores de Turismo, a Plataforma en defensa do Castelo de Monterrei convoca unha manifestación para o vindeiro sábado día 19 de abril con saída da praza do Concello de Verín e fin na García Barbón, onde se lerá un manifesto reivindicativo da mobilización. 

A Plataforma reclama o uso público e cultural do Castelo e denuncia a ilegalidade da súa conversión en hotel, entre outras cousas, polo propio documento de cesión do Estado, que impide ese uso como condición para o traspaso ao goberno da Xunta. Cartaces e camisetas xa se imprimiron co lema “Eu non quero hotel no castelo!”, consigna que prometen repetir ao longo da marcha. 

Comentarios