Estréase en Vigo un documental sobre Antía Cal

'A palabra xusta', que conta a historia desta mestra comprometida, poderá verse por fin a próxima semana en Vigo. 

tita_1
photo_camera Antía Cal

Despois de moitos meses de traballo chega ás pantallas 'A palabra xusta', a historia de Antía Cal, unha mestra comprometida que fundou en Vigo o Colexio Rosalía de Castro, colexio pioneiro na introdución do galego no ensino. O filme, que se poderá ver o luns 26 e o martes 27 no Colexio Salesianos de Vigo, está dirixido por Miguel Piñeiro, realizador e publicista. 

As paisaxes de Muras, as cartas de amor que lle escribiu o seu home Antón Beiras e unha casa parada no tempo... Todos dialogan cunha pedagoga de 92 anos que fai un balance honesto e sen prexuizos do tempo que lle tocou vivir. Na fita participaron tamén o actor ferrolán Javier Gutiérrez, poñéndolle a voz a Antón Beiras (o home de Antia), e Rebeca Montero como narradora. A música foi cousa de Nani García. 

A Palabra Xusta -Trailer- from Atlantis Multimedia on Vimeo.