"Esquíos" homenaxean ao seu vocalista coa descarga de balde de seu último disco

“Porcocan”, o último disco de Esquíos, pódese descargar de balde na súa páxina web. É a homenaxe da banda ao seu vocalista, falecido hai un mes. 

Capa de "Porcocan"
photo_camera Capa de "Porcocan"

"Non tiñamos pensando nin “De broma” poñelo noso ultimo disco en descarga de balde por motivos varios, pero como o que máis queremos é que o traballazo que fixo Moro no mesmo chegue a máxima xente posible" resolveron permitir o acceso libre a “Porcocán”, o último disco da banda punk rock-rock-garaxe Esquíos.

“Porcocán” é o cuarto disco do grupo da Estrada e o terceiro no que participaba Miguel Castro, vocalista que faleceu de maneira repentina hai un mes, cando se estaba a presentar o seu novo traballo. Despois de “Un tipo normal” e “Éche o que hai”, “Porcocán” fora financiado a través de crowdfunding e a banda estaba a facer a súa presentación por escenarios e festivais. 

Desde o 25 de xuño no que un lazo negro na súa web mostraba o loito pola morte de Miguel Castro, a banda só moveu agora a súa páxina oficial, cun novo post no que Esquíos -nome tamén do seu primeiro disco- engaden o enlace para a descarga gratuíta de “Porcocán”. 

Comentarios