venres 03.04.2020

‘Espiña sen rosa’, adianto do novo álbum de Sés

O tema estará dispoñíbel esta sexta feira, 31 de xaneiro. O novo LP de Sés, 'Liberar as arterias', está previsto para 21 de febreiro.

 

Sés
Sés

Sés presentará o seu novo disco, Liberar as arterias, cunha xira que a levará até Suramérica. O traballo publícase en febreiro. A cantautora actuará na Galiza, América do Sur ou Catalunya, entre outros escenarios. Os primeiros concertos, en Vigo e na Coruña en marzo.

Sés espiña sen rosa

Espiña sen Rosa será o primeiro adianto de ‘Liberar as Arterias’ e o tema estará dispoñíbel o 31 de xaneiro, esta sexta feira. Segundo informa Altofalante, nesta canción mistúrase o mellor de Sés con pandeiretas, batería, guitarras, “e tendo como eixo a loita feminista”.

En Liberar as arterias Sés segue evolucionando co seu particular son e no que conflúen unha escolma de cancións, con letra e música compostas pola propia cantante. Con ‘Liberar as arterias’, que verá a luz en febreiro de 2020, iniciará unha xira de concertos que a por diferentes escenarios de América do Sur , diversas cidades do Estado (Barcelona, Ponferrada, Bilbao, Donostia, Málaga, Madrid, Asturias, Valencia..) e aos principais teatros galegos.

comentarios