A Esmorga, un dos grandes “sleepers” da temporada

Que é un sleeper en termos cinematográficos?? Un filme revelación. Unha película que racha todas as previsións

Estrea de A Esmorga
photo_camera Estrea de A Esmorga

Segundo a publicación elblogdecineespanol.com, A Esmorga, de Ignacio Vilar, é un dos grandes “sleepers” da temporada, un deses filmes cos que en principio non se contaban e que acaban gaveando na escaleira dos máis vistos.

Os dados -a fonte é Rentrak Spain- son incontestábeis. Embora se ter estreado só na Galiza e con apenas 18 copias, o filme xa ten recadado máis de 223.000 euros. A estrea en salas españolas está prevista para a primavera de 2015.

A Esmorga reuniu nas salas galegas máis de 37.500 espectadoras e espectadores. De acordo con Rentrak Spain, o filme -estreado o 21 de novembro- tivo esta resposta nas distintas cidades galegas:

– Vigo: 8.602 espectadoras e espectadores.
– Santiago: 6.606 espectadoras e espectadores.
– A Coruña: 6.250 espectadoras e espectadores.
– Ourense: 5.468 espectadoras e espectadores.
– Lugo: 3.176 espectadoras e espectadores.
– Ferrol/Narón: 2.227 espectadoras e espectadores.
- Pontevedra: 1.607 espectadoras e espectadores.

Comentarios