“A Esmorga” estréase en Madrid, Barcelona e Euskadi

O vindeiro 8 de maio a película A Esmorga estrearase en salas de Madrid, Barcelona e Euskadi. O filme de Ignacio Vilar continúa nas carteleiras galegas despois de 15 semanas e máis de 50.000 espectadores e espectadoras. 

A Esmorga nos autobuses
photo_camera A Esmorga nos autobuses

A Esmorga de Ignacio Vilar continúa facendo marcas no cinema galego ao se manter durante 15 semanas en carteleiras galegas e acadar xa máis de 50.000 espectadores e espectadoras. Con este balance, a película que leva ao cine a novela de Blanco Amor xa ten data de estrea en salas de Madrid, Barcelona e Euskadi. O vindeiro 8 de marzo atravesará as fronteiras galegas despois de ter sido finalista aos premios Goya ao mellor guión, aínda sen se ter proxectado en salas fóra de Galiza. 

A película de Ignacio Vilar, producida por Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG e rodada integramente en galego. estrearase en versión orixinal con subtítulos en español e en versión dobrada ao español. 

A proxección do filme en salas de fóra de Galiza coincidirá co lanzamento da novela de Blanco Amor traducida ao español dentro da colección Mar Maior da Editorial Galaxia. Como aconteceu na promoción nos cines galegos, á estrea en Madrid, Barcelona e Euskadi contará coa presenza do director e dos tres actores protagonistas, Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán "Morris".

Comentarios