"A Esmorga" bate marcas con 16 candidaturas aos Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual recoñece o esforzo da produción de longametraxes. A Esmorga de Ignacio Vilar con 16 candidaturas e Os Fenómenos de Zarauza con 11 sitúanse á cabeza das candidaturas aos Mestre Mateo. 

Acto finalistas Mestre Mateo
photo_camera Acto finalistas Mestre Mateo

A Esmorga continúa a bater marcas e a máis recente son as 16 candidaturas conseguidas -nas 25 existentes- para optar aos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Ao filme de Ignacio Vilar, que conseguiu xa superar todas as cifras de proxeccións en salas comerciais e espectadores para o cinema galego, séguelle Os Fenómenos de Alfonso Zarauza que competirá en 11 das modalidades. A Academia recoñece desta maneira o esforzo pola produción de longametraxes galegas que ocupan os dous lugares de cabeza da listaxe. En terceira posición continúa a serie Serramoura con 9 candidaturas e a cuarta é para a longametraxe Schimbare, que aparece en 8 das categorías dos premios do mundo do audiovisual. 

A actriz e produtora Mercedes Castro e o actor Ricardo de Barreiro foron os encargados de dar a coñecer a listaxe de finalistas nun acto organizado pola Academia Galega do Audiovisual en Compostela e que serviu tamén para anunciar a gala que se desenvolverá o vindeiro 11 de abril no Palexco da Coruña e que será retransmitida pola TVG. 

Antonio Durán Morris pola interpretación en A Esmorga e o Códice, Touriñán por Os fenómenos e como comunicador e Jaione Cambordan polo guión de Os Fenómenos e a dirección de arte de O Ouro do Tempo conseguen competir por dúas obras na mesma edición dos premios. A Esmorga logra tamén situar aos seus tres protagonists como finalistas a mellor actor principal, categoría que só comparten con Luís Tosar. 

Resultados por números de candidaturas

A Esmorga. (16)  Longametraxe;  Interpretación masculina protagonista (3: Antonio Durán “Morris”, Karra Elejalde, Miguel de Lira), Interpretación feminina de reparto (2: Mela Casal, Sabela Arán), dirección, dirección de arte, guión, dirección de fotografía, montaxe, música orixinal, vestiario, son, maquillaxe e perruquería, dirección de produción.

Os Fenómenos. (11) Longametraxe, Interpretación feminina de reparto, Interpretación masculina de reparto, dirección, dirección de arte, guión, dirección de fotografía, montaxe, música orixinal, vestiario, maquillaxe e perruquería.

Serramoura. (9) Serie TV, Interpretación feminina protagonista, Interpretación masculina de reparto (2: Antonio Mourelos, Monti Castiñeiras), dirección, guión, dirección de fotografía, música orixinal, son.

Schimbare. (8) Longametraxe, Interpretación feminina protagonista, dirección, dirección de fotografía, montaxe, son, maquillaxe e perruquería, dirección de produción.

O Outro do tempo. (4) Interpretación feminina de reparto, Interpretación feminina protagonista, dirección de arte, guión.

A casa da conexa. (3) Programa TV, comunicador, realización.

Códice. (3) Interpretación masculina de reparto, música orixinal, vestiario.

El niño. (3) Longametraxe, Interpretación masculina protagonista, maquillaxe e perruquería.

Era visto! (3) Serie TV, son, dirección de produción.

Pazo de familia (3) Serie TV, Interpretación feminina protagonista, vestiario.

Casa Manola. (2) Serie TV, dirección de produción.

Noche ¿de paz? Holy Night! (2) Longametraxe de animación, dirección de arte.

Resultados completos por categorías

LONGAMETRAXE: 

A ESMORGA, de Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG. 
EL NIÑO, de Vaca Films, Ikiru Films, la Fermé e Telecinco Cinema.    
OS FENOMENOS, de Zircozine, Maruxiña Film Company e TVG.
SCHIMBARE, de Ficción Producciones e TVG.

LONGAMETRAXE DE ANIMACION:

- A TROPA DE TRAPO NA SELVA DO ARCO DA VELLA, de Abano Producións,    Continental Producciones, Anera Films, la Tropa de Trapo e Raiz Produçoes.    
MAIMIÑO, de Ficción Producciones, TVG, TVE e Estudios de Animación Icaic.
NOITE ¿DE PAZ? HOLY NIGHT! de Dygra Films.

DOCUMENTAL:

- A VIAXE DE LESLIE, de Portocabo. 
- A VOLTA DOS NOVE, do Margarita Teijeiro Suárez e Antonio Caeiro (O Faiado Producións).
- ANGROIS NO ESQUECEMENTO, do Colectivo Audiovisual Lentes Diverxentes.
- FUNES 0 INVENTOR DA LÚA, de Control Z.

SERIE TV: 

- CASA MANOLA, de Filmanova para TVG.
- ERA VISTO! de Producidos Zopilote para TVG.
- PAZO DE FAMILIA, de Central de Telecontenidos para TVG. 
- SERRAMOURA (Capítulos 1-13), de Voz audiovisual para TVG.

SERIE WEB:

- CLASES DE LO SOCIAL, LA WEBSERIE, de Volvemos a Primera, Pablo Cacheda e Claqueta Coqueta.    
- EL METODO SUECO, de Porco Bravú.
- FAME WEBSERIE (2a Tempada), de Audiobeesual.
- TE QUIERO, PERO (Tempadas 2a y 3a) de Pronettia.

PROGRAMA DE TELEVISION:

A CASA DA CONEXA, de Ficción Producciones e TVG.
GALEGOS NO MUNDO, de Portocabo e TVG.
LUAR, de TVG.
ZIGZAG DIARIO, de TVG.

ANUNCIO PUBLICITARIO: 

 

ALARMA, YA ES NAVIDAD, de Algarabía animación.
ATLANTIC TOUCH, de Congo Producciones.
SOÑEMOS COMO GALEGOS!, de Congo Produccións.
TODO VUELVE A EMPEZAR, de Pixel Film.

CURTAMETRAXE:

SER E VOLTAR, de Xacio Rodríguez Baño.
TUPPER, de Gromland Producciones.
UNARY, de Elena Olivares e Nacho Caballero en coproducción
con Pixel Films.
VENDESE. BAIXO PREZO. POUCO USO, de Psico Pictures e Kaorecords.

VIDEOCLIP:

GARDEN'S ROAD (Escuchando Elefantes) de Miss Movies (Juan Galiñanes e Olga Osorio)
ROBIN (Escuchando Elefantes) de Carlos M. Tajes e Silvia Rábade.
SI MUERO ESTA NOCHE de Fernando Tato e Soledad Rebollo.
SI VAS AL OLVIDO (Luz Casal), de Control Z.

INTERPRETACION MASCULINA PROTAGONISTA:

ANTONIO DURAN "MORRIS" por A Esmorga.
KARRA ELEJALDE, por A Esmorga.
LUIS TOSAR, por El Niño. 
MIGUEL DE LIRA, por A Esmorga.

INTERPRETACION FEMININA DE REPARTO:

- LEDICIA SOLA, por Os Fenómenos.
- MARTA LARRALDE, por O Ouro do Tempo.
- MELA CASAL, por A Esmorga. 
- SABELA ARAN, por A Esmorga.

INTERPRETACION FEMININA PROTAGONISTA: 

- CANDELA PEÑA, por Schimbare. 
- LUCIA REGUEIRO, por Serramoura (Capítulos 1-13).
- MABEL RIVERA, por Pazo de Familia.
- NEREA BARROS, por O Ouro do Tempo. 

COMUNICADOR/A DE TV:

- FERNANDA TABARÉS, por Vía V.
- MARGA PAZOS, por Telexornal Mediodía.
- MARTA DOVIRO, por Mais galego.
- XOSE A. TOURIÑAN, por A casa da Conexa.

INTERPRETACION MASCULINA DE REPARTO

- ANTONIO DURAN "MORRIS " por Códice. 
- ANTONIO MOURELOS, por Serramoura (capítulos 1-13).
- MONTI CASTIÑEIRAS, por Serramoura (capítulos 1-13).
- XOSE A. TOURIÑAN, por Os Fenómenos.

DIRECCION:

- ÁLEX SAMPAYO, por Schimbare.
- ALFONSO ZARAUZA, por Os Fenómenos.
- IGNACIO VILAR, por A Esmorga.
- MIGUEL CONDE e JORGE SAAVEDRA, por Serramoura (Capítulos 1-13). 

DIRECCION DE ARTE:

ÁNGEL AMARO, por A Esmorga.
CURRU GARABAL, por Os Fenómenos. 
DAVID RUBIN, por Noite ¿de Paz? Holy night!.
JAIONE CAMBORDA, por O Ouro do Tempo.

GUIÓN:

- ALBERTO GUNTÍN, VÍCTOR SIERRA E XOSE MORAIS, por Serramoura (Capítulos 1-13).
- ALFONSO ZARAUZA E JAIONE CAMBORDA, por Os Fenómenos.
- IGNACIO VILAR E CARLOS ASOREY, por A Esmorga.  
- XAVIER BERMÚDEZ, por O Ouro do Tempo.  

DIRECCION DE FOTOGRAFIA:

- ALBERTE BRANCO (AEC) por Os fenómenos. 
- DIEGO ROMERO SUÁREZ LLANOS, por A Esmorga.  
- JUAN HERNÁNDEZ, por Schimbare. 
- XOSÉ MANUEL NEIRA, por Serramoura (Capítulos 1-13)

REALIZACIÓN:

 - DIEGO GUERRERO E MARCOS ESTEBO, por Cos pes na terra (3ª tempada) 
- EMILIO VILA, por A casa da conexa.
- GAEL HERRERA BATALLÁN, por Qué Casas!
- ÓSCAR GALANSKY LÓPEZ, por Ribeiras.

MONTAXE:

- ALEX SAMPAYO, por Schimbare.
- JOSÉ MANUEL G. MOYANO, por A Esmorga. 
- JUAN CARLOS ARROYO, por Os fenómenos.
- MARCOS NINE, por A viaxe da Leslie

MUSICA ORIXINAL:
 

- MANU CONDE, por Serramoura (Capítulos 1-13)
- MANUEL RIVEIRO, por Códice.
- PITI SANZ E ANXO GRAÑA, por Os Fenómenos.
- ZELTIA MONTES, por A Esmorga.

VESTIARIO:

- ALICIA E LOLA DAPENA (SATURNA) por Os fenómenos.
- EVA CAMINO, por Códice.
- MAR FRAGA, por A Esmorga.
- MARIA FANDIÑO E LETICIA MELENDRO, por Pazo de Familia. 
SON:
- ALFONSO COUCEIRO E VICTOR SEIXO, por Serramoura
(Capítulos 1-13)
- DAVID MACHADO, por Schimbare.
- JUAN GAY, SANTI JUL E IVAN LAXE, por Era Visto!
- XAVIER SOUTO, por A Esmorga.

MAQUILLAXE E PERRUQUERIA:

- FANY BELLO E RAQUEL FIDALGO, por Os Fenómenos. 
- RAQUEL F. FIDALGO, por Schimbare. 
- RAQUEL F. FIDALGO E NOÉ MONTES, por El Niño. 
- SUSANA VEIRA, por A Esmorga. 

DIRECCION DE PRODUCION:

ÁNGEL SEOANE, por Era Visto!
EVA RIVAS, por A Esmorga.
TONI VEIGA, por Schimbare.
XABIER EIRÍS, por Casa Manola.

Comentarios