A escritora Marta Rivera perde os nervios na defensa de “La Coruña”

“Que no me toque mucho las narices, que empiezo a decir Rianjo”. Foi a ameaza da escritora Marta Rivera de la Cruz despois de que na rede social twitter un internauta a convidara a utilizar o topónimo oficial da cidade da Coruña, onde hoxe presenta o seu novo libro. “A mi es que me gusta La Coruña”, comezara a escritora. 

Marta Rivera
photo_camera Marta Rivera

Anunciaba a escritora Marta Rivera de La Cruz, nacida en Lugo, na rede social twitter a presentación do seu novo libro “La boda de Kate” na Coruña cando comezou unha das súas defensas a ultranza da nosa toponimia deturpada. Desta volta, a escritora teimaba en utilizar na súa promoción o nome “La Coruña” polo que recibiu a chamada da atención dunha persoa que lle indicou o nome oficial da cidade. “A mí es que me gusta La Coruña”, respondeu a escritora despois dun cordial chío no que o seu interlocutor lle lembraba que “o topónimo oficial é A Coruña. Gracias!!”. Non tardou Rivera de la Cruz en perder os nervios e cualificar a persoa que lle chamara a atención como “talibanciño” e ter entrado ”como un mihura”. 

"Deja los tripis, que son muy malos"

“Acabemos con esto: hazme detener!!”, insistiu a escritora que, despois de que a través doutro chío lle dixeran que o L á cidade era cousa de Franco, respondeu: “ la única forma de justificar que digas que La Coruña lo puso Franco es pensando en el efecto de las drogas”, “deja los tripis, que son muy malos”, apuntou noutra ocasión. 

"Que empiezo a decir Rianjo"

“Soy tan gallega como tú, y muchos gallegos están hasta el gorro de posturas como la vuestra”, dixo, a escritora que fora convidada pola Xunta para homenaxear a Rosalía, xusto antes de ameazar cun: “Que no me toque mucho las narices, que empiezo a decir Rianjo”.

Comentarios