O escritor Marcos Abalde, Premio Fiz Vergara Vilariño

Oenach, de Marcos Abalde, foi a obra gañadora da XVI edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. O xurado destacou  “a súa boa construción e alento poético, as recorrencias míticas e a denuncia da ignominia”

Marcos Abalde
photo_camera Marcos Abalde

Presentada co lema Oenach, a obra de Marcos Abalde resultou gañadora da nova edición do Premio Fiz Vergara Vilariño, recomendando o xuri tamén a publicación da obra presentada como “Chegaron os xinetes das primeiras xeadas”. 

“A súa boa construción e alento poético, as recorrencias míticas e a denuncia da ignominia: Ceuta, Lampedusa, Tijuana, Guernika, San Simón... Hai neste libro unha feliz adaptación dun mito clásico á realidade histórica e social galega. Hai poesía e hai terra”, son os argumentos cos que o xuri explicou a decisión de optar de maneira unánime pola obra de Marcos Abalde. 

Abalde suma o Fiz Vergara Vilariño ao Jopsep Robrenyo por Canibalismo, o Alvaró Cunqueiro por A Cegueira o Marqués de Bradomín por Xudite ou o Bienal de Teatro Romaría Viquinga por Saga de Iacobsland. Cunha traxectoria marcada de maneira especial pola literatura dramática, Abalde publicou recentemente en Xerais a obra A Cegueira, a obra de teatro crítico que o fixo merecedor da XX edición do premio Álvaro Cunqueiro que quere levar á escena a dureza dos noso tempos, partindo da historia do Novo Testamento. 

O xuri estaba composto por Cristina Ferreiro, Xabier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato Fondo, actuando con voz e sen voto como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar.

Comentarios