O escritor Fran Alonso, novo director de Xerais

Substitúe a Manuel Bragado. Desde 2001 Alonso viña exercendo como subdirector para a Edición Xeral en Xerais

fran alonso
photo_camera fran alonso

O Grupo Anaya decidiu nomear o escritor Fran Alonso novo director editorial de Edicións Xerais.  Nado en Vigo en 1963, comezou a súa traxectoria profesional no ámbito do xornalismo e pertence ao cadro de persoal de Xerais desde 1992, onde desenvolveu diferentes funcións no ámbito editorial.

É licenciado en Filoloxía GalegoPortuguesa pola USC, e Máster en Promoción da Lectura e Literatura Infantil (2001-2003) pola UCLM.  Desde 2001 viña exercendo como subdirector para a Edición Xeral en Xerais, ocupándose principalmente da edición literaria. Entre 2006 e 2010, ocupou o cargo de vicepresidente da Asociación Galega de Editores e na actualidade pertence a súa Xunta directiva. Foi un dos membro fundadores da asociación Espazo Lectura en 2008. 

Comentarios