'Escenas do Cambio' programa en maio 14 espectáculos de vangarda

A Galiza será protagonista con dez representantes na oitava edición que terá lugar entre o 5 e o 8 de maio.
Foto de familia de presentación do VIII 'Escenas de Cambio' (Foto: Xunta da Galiza).
photo_camera Foto de familia de presentación do VIII 'Escenas de Cambio' (Foto: Xunta da Galiza).

O festival 'Escenas do Cambio' ten programado para esta oitava edición, a realizar entre o 5 e o 8 de maio, catorce espectáculos de dramaturxia, creación artística e danza de vangarda contemporánea.

A Galiza volverá a ser protagonista xa que 10 dos artistas ou compañías creadoras son galegos; e á danza, con cinco espectáculos. Oito pezas serán estreas absolutas e catro máis estreas na Galiza.

Programación

O evento regresa á Cidade da Cultura e a outros puntos de Compostela e da Galiza. O festival inaugurarase coa apertura da mostra 'María Casares-Pedro Soler. Colliure 1989' e fecharase  coa compañía galega Voadora con 'Hoax Hamlet'.

O día 6, Nieves Correa e Abel Loureda levarán aos exteriores da Cidade da Cultura a peza '(Raíz de dúas)' e ese mesmo día o Espazo 231 da Cidade da Cultura acollerá o espectáculo de danza 'MU-Danza. Unha  muller que camiña', de Mercé de Rande. A xornada rematará no Salón Teatro con 'Grasped by Intuition', da portuguesa Tania Carvalho.

O sábado 7 actuará Miguel Ponce de León con 'Veneficio (de lo cotidiano o cómo remediarlo)' na Igrexa da Universidade.

Ese día o Museo Centro Gaiás acollerá unha proposta de creación colectiva baixo o título 'Escenas (Con) Textualizadas'. Para concluír, a Societat Doutor Alonso interpretará 'Hammamturgia'.

O 8 de maio programarase a peza de danza 'Que du bonheur(?)/ Moi, Antonio M.', da compañía  Man Drake/ Tomeo Vergés no Museo. Tamén esa xornada, Teatro A Usina presentará 'Waterclose'; e no edificio  CINC estará o mesmo día Sara Molina, co espectáculo de teatro-danza ' OUTsideINsideOUTside'. Como preámbulo, o 4 de maio, Marc Caellas presentará dous libros vencellados ao festival  de 2021.

Comentarios