sábado 15/08/20

'A escena!' torna Compostela na capital das artes escénicas

As táboas do Teatro Principal e do Auditorio da Galiza acollen até o vindeiro 4 de xuño o certame de artes escénicas A escena!, que na súa edición de 2020 aposta pola produción de compañías orixinais galegas e por unha óptica feminina a través dos programas EscenaGz e Territorio das Mulleres.
O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro
O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro

O programa de artes escénicas compostelán Á escena!, que contará cun total de 36 funcións de 27 compañías diferentes de danza, teatro e circo no Teatro Principal de Santiago e o Auditorio da Galiza até o vindeiro 4 de xuño, arrincou durante a xornada de onte coa representación de O Montacargas, de Ainé Producións & Acusmaser.

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, destacou a intención de "fomentar a difusión" dos creadores galegos e de "polos en contexto e relación con creadores do resto do Estado", de forma que unha das liñas temáticas do programa é EscenaGZ, con compañías orixinais galegas.

Outra da temáticas que se destacaron é a de Territorio das Mulleres, na que se enmarcan obras que tratan desde a opresión da muller como A conquista da  escola de Madhubaia -de Teatro  do Atlántico- ou Jauría -de El Pavón Teatro Kamikaze- até a falta de liberdade en contextos familiares e pechados que propoñen Marelas Produciones con Liberto, Una hora menos con Ana ou a compañía  Entrecajas coa obra Mrs. Dalloway.

O proxecto estrea tres obras: O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro; Spotlight, primeira produción da compañía de danza Can Cun Quinqué; e O mozo da última fila, de Redrum Teatro. 

Ademais, debuta na Galiza a obra Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Tanttaka Teatroa, coa participación de José Sacristán con Señora de Rojo sobre fondo gris e Aitana Sánchez Gijón con Juana, da man de Teatro Español e a compañía de danza Losdedae, entre outros moitos.

Por outra banda, o programa conta con espectáculos dirixidos á familia e unha nova proposta chamada #posfunción, na que membros do equipo técnico e artístico de trece compañías debaten sobre a obra e a súa temática unha vez finalizada.O programa de artes escénicas compostelán Á escena!, que contará cun total de 36 funcións de 27 compañías diferentes de danza, teatro e circo no Teatro Principal de Santiago e o Auditorio da Galiza até o vindeiro 4 de xuño, arrincou durante a xornada de onte coa representación de O Montacargas, de Ainé Producións & Acusmaser.

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, destacou a intención de "fomentar a difusión" dos creadores galegos e de "polos en contexto e relación con creadores do resto do Estado", de forma que unha das liñas temáticas do programa é EscenaGZ, con compañías orixinais galegas.

Outra da temáticas que se destacaron é a de Territorio das Mulleres, na que se enmarcan obras que tratan desde a opresión da muller como A conquista da  escola de Madhubaia -de Teatro  do Atlántico- ou Jauría -de El Pavón Teatro Kamikaze- até a falta de liberdade en contextos familiares e pechados que propoñen Marelas Produciones con Liberto, Una hora menos con Ana ou a compañía  Entrecajas coa obra Mrs. Dalloway.

O proxecto estrea tres obras: O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro; Spotlight, primeira produción da compañía de danza Can Cun Quinqué; e O mozo da última fila, de Redrum Teatro. 

Ademais, debuta na Galiza a obra Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Tanttaka Teatroa, coa participación de José Sacristán con Señora de Rojo sobre fondo gris e Aitana Sánchez Gijón con Juana, da man de Teatro Español e a compañía de danza Losdedae, entre outros moitos.

Por outra banda, o programa conta con espectáculos dirixidos á familia e unha nova proposta chamada #posfunción, na que membros do equipo técnico e artístico de trece compañías debaten sobre a obra e a súa temática unha vez finalizada.

comentarios