#envozpropia: primeiras páxinas na voz das súas autoras

Xerais acaba de poñer en marcha unha campaña que anima a escritoras e escritores editados en distintas coleccións do seu catálogo a ler a primeira páxina dun dos seus libros.
eva mejuto xerais
photo_camera Eva Mejuto participa na campaña #envozpropia de Xerais.

Coa súa actividade en curso, mais sen facturar, a editorial Xerais leva publicados xa máis dunha trintena de vídeos nas súas redes sociais coa lectura que outras tantas autoras e autores das súas diferentes coleccións lle fixiron chegar con motivo da campaña #envozpropia.

A experiencia comezou a pasada fin de semana co convite que Xerais lle enviou á escritora Ledicia Costas e que a autora respondeu coa lectura da primeira páxina do seu libro Infamia.

A esta primeira achega sumáronse, co paso dos días, as voces de María Reimóndez, Rosa Aneiros, Ramón Nicolás, Xabier Quiroga, Iolanda Zúñiga, Santiago Lopo, Suso de Toro e Marilar Aleixandre entre outras autoras e autores.

#envozpropia nas redes

Con motivo do confinamento, a serie continúa. Pódese acceder a todos oos vídeos completos da campaña #envozpropia a través da canle de Xerais en YouTube ou das súas contas en Twitter, Facebook e Instagram.

Comentarios