Carme Fernández Pérez-Sanjulián

"É envexábel a teoría e a acción das Irmandades"

A profesora da Universidade da Coruña Carme Fernández Pérez-Sanjulián vén de presentar, como coordinadora, o volume As Irmandades da Fala, cen anos despois, impulsado polo grupo ILLA (Investigación Lingüística e Literaria Galega).

Carme Fernadez Pérez Sanjulián

Recoñecida investigadora, o seu traballo céntrase no estudo da literatura galega e portuguesa dos séculos XIX e XX, así como nas relacións entre os discursos literarios, culturais e políticos, sobre todo, a respeito da identidade e da construción nacional.

- O volume que coordinas ofrécenos unha visión holística ou totalizadora das Irmandades da Fala. Como o concibistes desde o grupo ILLA?

- Concibimos o libro como unha obra interdisciplinar para poñermos de manifesto o carácter integral e totalizador do labor das Irmandades que, obviamente, non se limitou ao campo literario ou ao lingüístico. As Irmandades son como a base, o programa a partir do que se organizan múltiples liñas de traballo en moi diferente ámbitos… é importante, por exemplo, analizar como a introdución da lingua galega no ámbito científico tivo a ver co labor das Irmandades.

4

- Nesa interdisciplinariedade foi fundamental o grupo de autoras e de autores.

- A preparación deste libro enmárcase na proposta inicial, que xorde desde o Museo do Pobo Galego, para coordinar e organizar as actividades polo Ano das Irmandades. Foi unha convocatoria xeral dirixida a todo o tecido cultural galego en sentido amplo, e tamén ao académico, para intentar artellar o máis posíbel as actividades, para evitar duplicidades... e coordinar esforzos A esa reunión, para alén de institucións, fundacións... foron convocadas as universidades, sobre todo,  os departamentos de Filoloxía Galega, así como o de Historia Contemporánea da USC. E das tres universidades, só respondemos nós, o noso grupo de investigación. Así, a Universidade da Coruña, a través do grupo ILLA, implicouse activamente na organización do simposio Repensando Galiza que tivo lugar en novembro e, xa de modo máis específico, na organización deste volume de estudos.

A entrevista completa, no Sermos Galiza nº233, semanario que xa podes ler na nosa loxa. 

Comentarios