#EngalegoLeo, campaña para compartir recomendacións literarias

Que les? Que recomendas ler? A CRTVG, a AELG e GALIX botan a andar un proxecto para promocionar a lectura a través da páxina da televisión pública co fin de que se compartan títulos de cara á conmemoración do Día do Libro. 

Presentación de #engalegoleo
photo_camera Presentación de #engalegoleo

A CRTVG participa na campaña de animación á lectura xunto coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, (GALIX) máis a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) mais non é na pantalla da televisión onde se difundirán os contidos, será a través da súa páxina web e no seu twitter oficial. 

A páxina da CRTVG acollerá todas as mensaxes recollidas co hashtag #EngalegoLeo co fin de animar á xente a facer as súas recomendacións literarias de libros en galego de maneira pública. Poderanse publicar tamén vídeos, imaxes ou diversos contidos para promover a produción editorial galega. 

A campaña prolongarase até o día 23 de abril, Día do Libro, e o seu obxectivo é darlle protagonismo á lectura e compartir o gusto polos libros con que queira participar da iniciativa. Para achegarse á campaña compre acceder a través do enderezo  http://www.crtvg.es/especiais/dia-do-libro,  ou desde o dominio xeral da CRTVG no que haberá un banner para este proxecto. 

“#EnGalegoLeo porque preciso portas e xanelas abertas ao mundo” da secretaria da AELG, Mercedes Queixas ou “Parafraseando a Celso Emilio, #engalegoleo "porque si, porque me gusta porque me peta e quero e dame a gana", foron algúns dos primeiros chíos que comezaron hoxe a animar a campaña. 

Comentarios