O 'Embruxo' de Baiuca conquista os Premios Ruído

O músico galego vén de ser seleccionado entre os 15 finalistas deste galardón, neste caso na categoría de disco do ano.
O galego Baiuca nunha imaxe publicitaria. (Foto: Baiuca)
photo_camera O galego Baiuca nunha imaxe publicitaria. (Foto: Baiuca)

"Embruxo", o disco de músico de Catoira Alejandro Guillán -máis coñecido para o gran público como Baiuca-, vén de ser nomeado a mellor traballo discográfico do ano nos Premios Ruído 2021.

A nova transcendeu na tarde desta terza feira, cando saíron as candidaturas á VII edición deste certame. "Embruxo", baixo o selo de Raso Estudio, é un dos 15 álbums seleccionados polo xurado.

Así, Baiuca medirase ás propostas musicais de Alizzz; Califato 3/4; C. Tangana; Derby Motoreta's Burrito Kachimba e Kiko Veneno

Tamén terá que competir na mesma categoría con Kokoshca; Maika Makovski; María Arnal i Marcel Bagès; Morgan; Quique González; Rufus T. Firefly; Soleá Morente; Vetusta Morla e Zahara.

A partir de agora comeza a fase de votación nos premios para elixir o mellor proxecto. A data límite é o 30 de decembro, mais Guillán xa pode presumir de ter colocado o seu segundo disco entre os mellor valorados pola crítica.

Por exemplo, @banauralblog destaca o papel do produtor para conectar o tradicional e o novidoso.

Aliás, o público tamén respondeu coa compra de entradas para os concertos. E mesmo están xurdindo as participacións da equipa en foros creativos internacionais.

En "Embruxo" hai unha convivencia da música tradicional galega coa electrónica. Ao longo dos temas, pódense atopar colaboracións con Rodrigo Cuevas, o grupo de pandereiteiras e cantareiras Lilaina, o flautista Cristian Silva e o percusionista Xosé Lois Romero.

Comentarios