As embarcacións tradicionais da Galiza chegan á Guarda

Volve unha nova edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais da Galiza que se desenvolverá na localidade da Guarda do 11 ao 14 de xullo. Este evento que chega á súa xa décimo cuarta edición nace perante a perda do patrimonio marítimo e fluvial e co obxectivo de salvagardar as embarcacións e a nosa historia. Visitas, navegacións, exposicións, presentacións de publicacións e concertos son algunhas das actividades programadas.

Encontro de embarcacións na Guarda
photo_camera Encontro de embarcacións na Guarda

A XIV edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais da Galiza terá lugar na Guarda do 11 ao 14 de xullo cun extenso programa co que volve un ano máis este evento que procura salvagardar o patrimonio marítimo e fluvial galego perante a súa perda.

Precisamente, o obxectivo do encontro é a creación dun espazo de encontro entre todas aquelas persoas que teñan interese tanto na recuperación do patrimonio como nas embarcacións tradicionais, así como a exposición de mostras, o desenvolvemento de actividades e a edición de publicacións para divulgar a riqueza patrimonial galega.

Así, o publico asistente ao Encontro de Embarcacións poderá atopar diversas actividades que se desenvolverá no mar e na terra, e que van desde exposicións, exhibicións, actuacións musicais e presentacións de exposicións.

Realizaranse navegacións durante todos os días. A quinta feira será cunha izada de velas a modo de inauguración oficial do evento; a sexta feira realizarase a navegación ‘inclusiva’ O mar para tod@s para persoas con diversidade funcional. O sábado a navegación collera rumbo cara o Mosteiro de Oia e o domingo será na beiramar da Guarda.

Na Guarda hai varios miradores dende os que se pode facer un seguemento das navegacións desde terra. Un dos máis aconsellábeis é o Monte Santa Trega.

Entre as actividades en terra salientan as Mostras de patrimonio marítimo e fluvial e as exposicións O mar ten mulleres (mostra fotográfica sobre as mulleres nos traballos e no eudo marítimo pesqueiro), Vento nas velas de Xurxo Lobato, Refachos (fotos da edición anterior deste encontro), A filatelia do mar, Soncheo dos mares da Guarda, Marcas mariñeiras (pola asociaicón Anabam), Póvoa de Varzim e Encontro nas escolas.

Tamén haberá mostras e obradoiros organizados pola asociación Redeiras de Atalaia da Guarda e a escola de canteiros de Poio, entre outros.

Presentaranse ademais as publicacións Nova Ardentía, o número 11 da revista Culturmar, O sacosmeiro de Xerardo Triñanes, O Povoeiro de Santos Graça, Epopeia dos humiles de Santos Graça, Os Cadilhe de Arteiro Reis, As marcas dos mariñeiros da Guarda editado por Anaba, e Embarcaçoes avieiras do arquivo Simões Dias.

Concertos no peirao

As noites do 11 ao 14 de xullo a programación Sons mariñeiros xuntará durante os catro días do encontro no peirao da Guarda os e as artistas Tino Baz, que apresentará o seu traballo Se cantas es ti quen cantas….; Nadia Vázquez Trío, a Agrupación musical da Guarda e Maria do Ceo, Andrea Pousa, o Orfeón do Berbés e Rock guardés.

Tamén haberá música baixo o sol das mañás e das tardes coa sesión vermú amenizada por Deixa Andar e desenvolverase o Festival músico-poético galego portugués con baile tradicional e poesía de ambas beiras do Miño a sexta 11 de xullo no auditorio de San Bieito, a carón do porto. Nel colaboran Vento MareiroRancho de Póvoa de VarzimXamarainaDores TembrásAntía Otero e Anxo Angueira.

O sábado será a quenda de Lirolai na sesión vermú e dos Cantos de taberna polas rúas, prazas e tabernas do porto e contorna.

O domingo actuarán mascarenhas, regueifeiros, Rancho aveiro e Tradison.

Haberá tamén ruadas a quinta e sexta feira da man de 3ª idade, Gaiteiras do fuscalho e A boalleira, e xa na fin de semana estarán actuando Do lusco ao Fusco e Trebón dos Xidos.  

Comentarios