Educar nas masculinidades disidentes

Jorge García Marín, autor de Papá, por que non pintas as unllas de cores?, explora en conversa con Nós Diario as claves deste texto que funciona case a modo de guía, poñéndonos na pel dun home que desexe rachar cos modelos hexemónicos.
IMG_6665
photo_camera O docente e investigador Jorge García Marín

Pasadas as semanas do Nadal, tócalles ás familias con crianzas facer inventario dos novos xoguetes. O máis probábel será atopar unha gran diferenza entre os brinquedos de nenas e nenos. Por iso, é unha boa ocasión para virarmos sobre o libro que acaba de editar Galaxia dentro da colección Feminismos: Papá, por que non pintas as unllas de cores?.

Jorge García Marín, profesor de socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, explica este concepto de disidencia definindo outros modelos que "entenden o masculino como unha camisa de forza que cómpre deconstruír".

Marín sitúa o xogo simbólico como fundamental na construción das identidades de xénero, explorando exemplos de boas prácticas con especial atención ao eido dos videoxogos, un campo fundamental na actualidade. Igualmente, no nivel da linguaxe como elemento configurador da realidade, chama a atención sobre a relevancia dos contos na creación do mundo das crianzas, facendo tamén unha escolma de referentes.

Por último, Marín incide no labor imprescindíbel de incorporar a presenza do varón nos coidados, mesmo como solución a un "modelo patriarcal que castrou ao home emocionalmente".

A información íntegra pode consultarse na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios