Unha edición de só cincuenta exemplares de balde para quen merque un libro

A edición non se vende e ten só cincuenta libros. Para quen serán ese medio cento de exemplares de As mil horas de Alberte Momán? Para quen merque un libro na tenda do Figurante. 

Alberte Momán
photo_camera Alberte Momán

Editora Emerxente e O Figurante propoñen unha nova oferta editorial para convidar a mercar libros na súa tenda. Publican un libro cunha tirada de só medio cento de exemplares que, por riba, non se pode mercar nin en libraría nin na loxa. A única maneira de se facer con As mil horas, o caderno de poemas de Alberte Momán é realizando unha compra na tenda do Figurante o antes posíbel xa que a oferta está vixente só até esgotar existencias. O catálogo está a dispor na súa tenda virtual. 

As mil horas non é unha proposición de vangarda, non é, nin tan sequera, unha proposición. Trátase, unha vez máis, dun fragmento dunha vida tan real como propia, apta para todos os públicos, pero  nunca obrigatoria, escribe Momán no inicio do seu poemario que sae publicado dez anos despois de ser escrito e no que o autor explica os seus obxectivos na creación poética.  "A miña única pretensión na poesía é que o que perdo coa erección sexa o que teña gañado cos preliminares”, escribe no inicio do volume.

Comentarios