Publícanse máis libros en castelán

A edición de libros en galego volve caer

Os datos acabados de publicar polo Instituto Nacional de Estatística (INE) ofrecen unha nova foto da redución do sector do libro en galego. En 2016 editáronse en Galiza 751, unha baixada do 5,7% respecto do 2015.
 

libros
photo_camera Libros.

Mais non só en Galiza se fabrican libros en galego. No ano 2016, ao que corresponden as cifras do INE, foron 954 os títulos en galego que apareceron en todo o estado español, dos que 137 foron en Madrid e 66 en Catalunya. Tamén aí houbo  unha caída: en 2015 foran 205 e 93.

Do total de 1.990 volumes publicados en Galiza en 2016, un 50,8% están escritos en castelán, e un 37,7% en galego. Os demais fórono en dous ou máis linguas e noutros idiomas. O descenso da edición foi global: en 2016 publicáronse en Galiza un 8,3% de libros menos que en 2015. A media do descenso no Estado foi do 2,4%.

O sector do libro galego -editoriais, escritores, distribución, librarías- alerta desde hai anos desta tendencia. A Xunta, porén, reduciu os orzamentos ao respecto practicamente desde a entrada do PP en 2009.

Comentarios