E o Atlántico (e tod@s) abrazamos a Bernardino Graña

'Medre o Mar', a homenaxe nacional na Coruña a Bernardino Graña reuniu artistas, escritor@s, músic@s, cidadáns e cidadás ademais do amigo que non podía faltar: o mar
@TatiMancebo
photo_camera @TatiMancebo

Non é o mar un elemento alleo á poesía galega. Desde as cantigas até a actualidade, non poucas autaras e autores galegas viron no mal a folla sobre a cal crear. Hóuboos, de tan reiteradaente citados, Manoel Antonio, ao que mesmo lle puxeron o título de Poeta do Mar, un cliché en que non colle nin o poeta nin o mar. E hóuboos, e hainos, que traspasaron a barreira e xa son mar (Manoel Antonio, Bernardino Graña). Por iso, a homenaxe nacional que a Asociación de Escritor@s en Língua Galega e Arteu organizaron para Bernardino bailou sobre o mar, xa desde o seu título, 'Medre o Mar!'.

Foi unha xornada emotiva: desde medida mañá no Parque da Torre, Menhires (con artistas a crear debuxos, esculturas... coa obra de Graña como fonte) até a noitiña,  cun acto poético musical e con proxeccións audiovisuais no Paraninfo da Universidade da Coruña, conducido por Xurxo Souto (outro elo na relación galega de cultura e mar). E houbo, tamén, unha travesía en barco polo Mar da Marola (quen a pasou xa viu a mar toda), ondee Anxo Angueira e Xabier P. Docampo fixeron de mantedores. O poeta de Cangas, máis unha vez, sobre o seu mar.

Centos de persoas tomaron parte na homenaxe nacional. Non acudiron os peixes, mais estaban perto. Milleiros deles, fieis a Bernardino Graña desde que o do Morrazo lles brindou unilos ao noso amor. 

Polo escuro do mar que vos contruba

ainda hai peixes de lus nos seus abrigos,

mariñeiros de Cangas, meus amigos,

meus irmáns de salitre e sol e chuva.

Comentarios