Dylan emula Woody Allen e non irá recoller o Nobel

En 1978 Woody Allen preferiu ir tocar o clarinete ao seu clube de jazz antes de que se deslocar a Los Angeles para recoller o Oscar por "Annie Hall". Case catro décadas despois, Dylan fai o propio co Nobel.

bob-dylan-2016

A Academia Sueca filtrou a France Press que o cantor de Minnesota non se desprazará a Suecia para estar presente na cerimonia de entrega do Nobel de Literatura, evento que decorrerá o vindeiro 11 de Decembro.

"El gostaria de receber o premio persoalmente, mais tem outros compromisos, que o tornan imposíbel. El subliña que se sente extremamente honrado por este premio Nobel”, afirma a Academia.

Falta por ver agora cais son eses outros compromisos. No web do artista, non aparece axendado ningún concerto para esa data dentro do seu lendario Never Ending Tour (as últimas datas son concertos dos días 22 e 23 de novembro, en Orlando e Fort Lauderdale).

En definitiva, e despois de xogar co suspense até case o último minuto da función, Dylan si aceita o premio -a diferenza de Jean Paul Sartre-, mais non aparecerá en Estocolmo para o recoller. Aforra así o discurso.

Comentarios