Durán Medraño gaña o Ramón Piñeiro por relacionar pracer e traballo da man de Marx

Coa obra “Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx”, o profesor de Historia da Arte, José María Durán Medraño vén de gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. 

duranmedraño
photo_camera duranmedraño

Investigador e profesor de Historia da Arte, José María Durán Medraño fíxose coa última edición do premio de Ensaio Ramón Piñeiro, organizado pola Editorial Galaxia e a S. X. De Política Lingüística coa colaboración de Unión Fenosa co ensaio “Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx”. 

O xurado destacou a orixinalidade e o enfoque do tema, “que afronta un asunto de actualidade e abre unah reflexión nova sobre a concepción do traballo na sociedade contemporánea”. Relaciona o autor na súa obra a teoría do valor do traballo e o pracer, botando man do pensamenot máis actual para “subliar a dimensión creativa e estética do traballo, ademais de social”. O xurado valora tanto “a análise das ideas, como o rigoroso labor de argumentación dun ensaio escrito desde unha prespectiva orixinal e provocadora”. 
O xurado da nova edición do Ramón Piñeiro estivo formado por Luís Alonso Girgado, Marilar Aleixandre, Xaime Subiela -gañador da anterior edición-, Dolores Vilavedra e Carlos Lema. 

José María Durán Medraño naceu en Vigo e é doutor en Historia da Arte pola Uned. Na súa traxectoria intelectual destaca ser docente no Instituto de Historia da Arte da Universidade Libre d eBerlín e formar parte do grupo de investigación arredor de “O Capital” no Instituto de Filosofía desa universidade alemana. Entre as súas obras atópase a coordinación do volume “Aínda, O Capital. Novas perspectivas en torno a Marx e O Capital na Alemaña” na editorial Laiovento ou “A obra pictórica de Xosé Lodeiro. Un ensaio de aproximación estética”,  en Espiral Maior.

Comentarios