As dúas entradas para o Castañazo Rock xa teñen donos

Sermos Galiza sorteou dúas entradas para o Castañazo Rock 2013 que terá lugar este sábado (2 de novembro) en Chantada. 

Cas
photo_camera Cartaz do Castañazo

Os gañadores do concurso que conxuntamente impulsou Sermos Galiza e o Castañazo Rock son:

  • Fernando Manuel Rial Noia
  • Roberto Roget

Os dous premiados poderán asistir ao festival de Chantada esta fin de semana após responder de maneira acertada á pregunta que vos lanzabamos a pasada semana. E é que a churrasquería na que se fundou o rock bravú alá polo ano 1992 foi a Parrillada Caballero afincada na parroquia de Viana e que, de maneira moi atinada, moit@s d@s participantes denominaron 'O sistema', como comunmente se deu a coñecer. 

Este sábado (2 de novembro) o rock volverá a Chantada da man do Castañazo que vai xa pola súa décimo primeira edición. Unha xornada de música, mais tamén de deporte tradicional e cultura popular. Nesta ocasión, a organización carga de novidades o festival que terá tamén espazo para @s máis cativ@s. 

Se aínda non sabes como chegar ou cales son as actividades do Castañazo consulta o programa nesta ligazón.

Comentarios