Os gañadores do concurso que conxuntamente impulsou Sermos Galiza e o Castañazo Rock son:
- Fernando Manuel Rial Noia
- Roberto Roget
Os dous premiados poderán asistir ao festival de Chantada esta fin de semana após responder de maneira acertada á pregunta que vos lanzabamos a pasada semana. E é que a churrasquería na que se fundou o rock bravú alá polo ano 1992 foi a Parrillada Caballero afincada na parroquia de Viana e que, de maneira moi atinada, moit@s d@s participantes denominaron 'O sistema', como comunmente se deu a coñecer.
Este sábado (2 de novembro) o rock volverá a Chantada da man do Castañazo que vai xa pola súa décimo primeira edición. Unha xornada de música, mais tamén de deporte tradicional e cultura popular. Nesta ocasión, a organización carga de novidades o festival que terá tamén espazo para @s máis cativ@s.
Se aínda non sabes como chegar ou cales son as actividades do Castañazo consulta o programa nesta ligazón.