Os mariñeiros levantarán áncoras da praia fluvial de Vilarello, en Valga, ás catro e media da tarde. Topónimos rosalianos sucedéranse ao longo da singradura: as brañas de Laíño e as veigas de Lestrobe. Unha hora e media despois, arredor das seis, as embarcacións arribarán ao Espolón de Padrón. Alí, ao pé da estatua de Rosalía de Castro, “a xente do mar renderalle homenaxe”.
A organización do evento, coa que colaboran os concellos de Padrón, Valga e Dodro, Corauto e a Pulpería Rial, chama a participar na saída en Vilarello, na arribada en Padrón ou ao longo do traxecto. “Lamentabelmente nas dornas non hai moito sitio”, explica, ao tempo que abren a porta a navegar na vindeira edición da Inchadiña: “Se nos fas fotos ou gravas vídeos e nolos mandas (fundacionrosalí[email protected]) podes gañar un convite para o ano que vén. Será para quen consiga máis gústames no Facebook”.