Dornas, curragh, bateis, xeiteiras, galeóns... o destino é Combarro

A XIII edición do Encontro de embarcacións tradicionais de Galiza convertirá Poio na capital europea da cultura marítima entre o 29 de xuño e 2 de xullo.

[Imaxe: Culturmar] Embarcacións tradicionais en Muros
photo_camera [Imaxe: Culturmar] Embarcacións tradicionais en Muros

Poucos países hai cun patrimonio marítimo tan vivo, rico e variado como Galiza. Algo que recoñecen en potencias na materia, como Bretaña ou Portugal. O mapa das embarcacións tradicionais galegas, unha extensa cartografía entre Ribadeo e A Guarda, é un luxo que non deixa de abraiar. De aí a importancia dos Encontros de embarcacións tradicionais que, con carácter bianual, impulsa desde os 90 a Federación Galega da Cultura marítima e Fluvial (FGCMF).

Este ano a cita é en Combarro, que recunca. Nada que deba extrañar, estamos perante unha vila (Combarro e Poio) onde a salitre e o salseiro penetran polos poros. A esta cita acudirán máis de 150 embarcacións tradicionais de diferentes partes, de Euskal Herria a Portugal. Centos de tripualntes e miles de visitantes que farán de Combarro o seu porto base entre 29 de xuño e 2 de xullo. Quen non queira, que non moleste e non toque a reghala. Quen queira, aquí sabe o que pode atopar

Estes encontros son referentes en Europa. Unha cita na que hai un completo programa de actividades, que abranguen desde navegacións diarias en embarcacións tradicionais e actividades para os máis pequenos en espazos infantís até debates, mostras de artesanía, exposicións, actuacións musicais ou recitais de poesía. 

Comentarios