sábado 15/08/20

Donaire remanece as foliadas na Coruña

A Coruña contará este ano cunha "programación continuada de foliadas ao longo do ano". Este é o obxectivo da Asociación Cultural Donaire, que celebra o seu 20 aniversario neste 2020.

A Asociación Cultural Donaire celebra no 2020 o seu 20º aniversario (Foto: Donaire)

A primeira parada deste circuíto de nova creación terá lugar o vindeiro día 16 de xaneiro, quinta feira, ás 21.30 horas no Club Garufa, cun evento que contará coa participación de tres agrupacións diferentes: a propia Donaire, Son D'Aquí e O Amanexo de Dexo, seguidos dunha foliada libre ao remate. 

O presidente de Donaire, Óscar Rouco, sinala para Nós Diario que a iniciativa xorde "porque vimos que había unha carencia na cidade de sistemas continuos de foliadas. Si que no verán hai foliadas, ou periodicamente nalgúns locais de hostalaría, pero nós queremos recuperalas por completo".

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

comentarios