Documentan unha necrópole con 20 mámoas na Serra do Rañadoiro

Patrimonio dos Ancares sitúa a súa antigüidade entre 4.000 e 6.000 anos.

Baralla-Mámoa10

Colectivo Patrimonio dos Ancares documentou 20 novas mámoas no concello de Baralla, xacementos que, aunta, “non figuran nin no Plan Básico Autonómico nin no visor de Aproveitamentos Forestais, ferramentas fundamentais para a consulta dos espazos arqueolóxicos suxeitos a protección”.

Esta descuiberta foi na Serra do Rañadoiro, entre as parroquias de San Martín de Neira de Rei, Teixeira e Vilachambre. Próximas unhas das outras, distribúense por unha penichaira situada a 900 metros de altitude. 

“Os achados producíronse cando nos achegamos a ver a única mámoa catalogada por Patrimonio que hai no lugar para preparar unha futura ruta, o que certamente nos sorprendeu xa que a maioría das novas mámoas atópanse en mellor estado ca catalogada”.

Este colectivo informa que as dimensións “destes enterramentos do período Neolítico, cunha antigüidade que vai dos 6.000 aos 4.000 anos, oscilan entre 13 e 22 metros de diámetro, e unha altura entre 0,40 e 1,5 metros”.

“Á vista da cantidade de enterramentos, podemos establecer que estamos diante dunha das maiores concentracións tumulares da provincia de Lugo, só detrás das necrópoles da Millarada, en Cospeito, e do Monte de Santa Mariña, entre os concellos do Incio, Samos e Sarria, polo que imos dirixirnos ao Concello de Baralla para que os poña en valor”.

Comentarios