Do Ulla cara o Sar, as dornas homenaxean Rosalía

Unha ducia de dornas remontarán as augas ata Padrón en homenaxe a Rosalía polos ríos que evoca na súa poesía. A Fundación Rosalía e a A.C. Dorna de Arousa bótanse á auga este mércores 24 de xullo. 

Dorna Rosalía
photo_camera Dorna Rosalía

A cultura marítima e fluvial homenaxea a Rosalía de Castro con doce dornas que subirán desde a praia fluvial de Vilarello en Cordeiro (Valga) ata Padrón. “Que inchadiña branca vela” é o título deste acontecemento que comezará ás 15 horas do día 24 de xullo de xullo coa saía desde a praia fluvial de Vilar, en Cordeiro, para rematar tres horas despois coa arribada ao Espolón e o flamexar de velas diante da estatua de Rosalía. 

O conxunto de dornas remontará o Ulla cara ao Sar para poñer fin ao acto no Espolón, diante do monumento á escritora que dedicou un pomea de Cantares ás embarcacións que navegaban polo Ulla e polo Sar, co primeiro verso que dá agora nome a esta homenaxe. Desde o día 15, a dorna Rosalía, da A.C. Dorna de Arousa, ficou ancorada no xardín da Matanza. 

Comentarios